- ISBN: 979-13-990947-7-0.
- 336 páxs.; 128 x 198 mm.
- Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
- Tradución do inglés: Carlos Valdés García.
- Deseño de cuberta: Carlos Valdés García.
- Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Vera, de Elizabeth von Arnim
18,50 €
O mesmo día da morte de seu pai, Lucy Entwhistle coñece a Everard Wemyss, un misterioso e atento cabaleiro que perdeu recentemente a súa esposa Vera. Lucy atopa comprensión e consolo en Wemyss e, cando pouco despois este lle propón matrimonio, acepta sen pensalo. Porén, unha vez casados, comeza a descubrir que non é o home doce e comprensivo que ela cría.
Sobre a autora
Elizabeth von Arnim é o pseudónimo da autora Mary Annette Beauchamp (1866-1941). Nacida en Sidney no seo dunha familia adiñeirada, cando tiña tres anos a familia trasladouse a Inglaterra, onde residiu en adiante, e onde Mary Annette estudou no Royal College of Music.
Durante a súa vida frecuentou algúns dos membros máis salientables da intelectualidade anglófona da época, como E. M. Forster, Hugh Walpole, H. G. Wells, con quen mantivo unha relación sentimental, ou Bertrand Russell, de quen foi cuñada. En 1891 casou co conde alemán Henning August von Arnim-Schalgenthin, cuxo apelido conservaría tras enviuvar en 1910, e mesmo despois de casar co inglés Frank Russell. Este último matrimonio remataría nunha pronta separación que nunca chegou a divorcio.
En 1898, inaugura a súa prolífica e exitosa carreira literaria coa publicación anónima de Elizabeth and Her German Garden. Publicada de xeito anónimo en 1921, e inspirada polo seu infeliz casamento con Frank Russell, Vera é talvez a súa novela máis coñecida hoxe, e está xeralmente considerada precursora da célebre novela gótica Rebecca (1938) de Daphne du Maurier.
Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.





