Hadrián VII, de Fr. Rolfe

16,50 


Tras moitos anos de amargura, soidade e frustración, George Arthur Rose, un aspirante a sacerdote a quen lle foron negados os hábitos e sobrevive como escritor nun escuro cuarto de Londres, recibe a inesperada visita dun bispo e un cardeal que lle propoñen reparar a inxustiza cometida contra el ordenándoo de inmediato. A pesar da súa desconfianza inicial, George acepta e, case sen decatarse,  aos poucos días acaba convertido en Papa.

Sobre o autor

Profesor, escritor, fotógrafo e crego frustrado, Frederick Rolfe (1860-1913) levou unha vida que en moitos puntos recorda ao “altruísta misántropo” que protagoniza a súa obra máis coñecida. Ao igual que George Arthur Rose, este excéntrico fillo dun fabricante de pianos tamén sentiu unha apaixonada vocación polo sacerdocio, aínda que, a diferenza do personaxe de ficción, o Barón Corvo nunca logrou ser ordenado, circunstancia na que é posible que influíse a maneira, bastante aberta para a época, en que viviu a súa homosexualidade.

Problemático e temperamental, Rolfe tivo que conformarse con vivir da escritura apoiado por unha sucesión de mecenas cos que case sempre acababa rompendo en malos termos.


Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

Esgotado

  • ISBN: 978-84-942570-1-8.
  • 424 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, sen lapelas.
  • Tradución de Celia Recarey Rendo.
  • Deseño de cuberta: Anatoli Carrasco.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carro da compra