Política de privacidade

Responsable

A entidade responsable do tratamento dos teus datos é a editorial Irmás Cartoné, S. L., con CIF: B70400247 e domicilio en R/ Daniel García Ramos 1, 1A, 15706 – Santiago de Compostela (A Coruña).


Datos persoais tratados

Os datos persoais que tratamos son:

  • Aqueles que ti decidas facilitarnos voluntariamente.
  • Os datos derivados das comunicacións que manteñas connosco.
  • A información correspondente á túa propia navegación.
  • Aquela información que se atope dispoñible en fontes accesibles ao público, á que lexitimamente poidamos acceder.
  • Os datos que se deriven da relación contractual ou precontractual que manteñas connosco.
  • Os que terceiras persoas nos proporcionen sobre ti, existindo unha base lexítima para iso ou obtendo o teu consentimento para iso.
  • Os datos de terceiros que ti nos facilites, previo consentimento do terceiro en cuestión.

Usos e finalidades dos datos recollidos

Os datos que nos facilites formarán parte dos nosos ficheiros e utilizaranse coas seguintes finalidades:

  • Xestión de venda: os datos facilitados nos apartados “datos de envío” e “datos de facturación”, utilizaranse para realizar a tramitación e xestión da venda e a súa posterior facturación.
  • Ofertas e promocións: a información proporcionada a través dos formularios de recollida de datos, poderá utilizarse para a organización de promocións e sorteos de produtos comercializados a través do noso sitio web.
  • Envío de Información: os datos persoais proporcionados a través do formulario de contacto utilizaranse para responder as solicitudes de información.
  • Xestión de usuarios: a información facilitada nos formularios de rexistro e subscrición utilizarase para a xestión de subscritores e usuarios do sitio web.

Comunicación de datos a terceiros

Irmás Cartoné comunicará os teus datos persoais a terceiros unicamente nos seguintes supostos:

  • Por disposición legal: os teus datos serán comunicados a terceiros nos supostos que a lei estableza (administracións públicas, autoridades administrativas ou xudiciais etc.).
  • Xestión de pagamentos e cobros: os teus datos persoais serán comunicados a terceiros cando sexa necesario para formalizar e xestionar o pagamento dos produtos ou servizos adquiridos.
  • A terceiros necesarios para a prestación dos nosos servizos: comunicaranse a terceiros os datos de carácter persoal necesarios para prestar os servizos contratados.

Confidencialidade

De acordo co que establece o artigo 10 LOPD, Irmás Cartoné, S. L. obrígase a gardar segredo respecto dos datos persoais tratados, aínda despois de finalizada a relación comercial entre ambas as partes, debendo estender esta obrigación a todo o persoal das súas organizacións que accedan aos devanditos ficheiros.


Exercicio de dereitos

Como usuario, podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante o envío da solicitude de exercicio do dereito correspondente, xunto cunha copia do documento oficial que te identifique (DNI, carné de conducir ou pasaporte) ao noso enderezo postal ou electrónico. Para máis información sobre a forma de exercer estes dereitos, podes consultar o sitio web da Axencia Española de Protección de Datos: www.agpd.es


Carro da compra