- ISBN: 978-84-942570-01.
- 252 páxs.; 128 x 198 mm.
- Encadernación rústica, cosida, sen lapelas.
- Tradución de Celia Recarey Rendo.
- Deseño de cuberta: Irmás Cartoné.
- Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Orlando, de Virginia Woolf
12,50 €
Publicada en 1928 por Hogarth Press, o selo editorial fundado por Virginia Woolf e o seu marido Leonard, Orlando é a un tempo novela, xogo e, como ben dixo o fillo da interesada, unha fermosa carta de amor a Vita Sackville-West, de quen Orlando é trasunto. Facendo viaxar a súa protagonista a través dos xéneros e as épocas, Woolf ofrécenos un repaso á historia do Reino Unido desde o período isabelino á Primeira Guerra Mundial, pasando por críticas diversas aos convencionalismos sociais máis arraigados, até chegar á imperecedoira declaración de amor que constitúe a súa cerna.
Sobre a autora
Virginia Woolf (Londres, 1882- Sussex, 1941) renovou a narrativa abríndose camiño e afianzándose no mundo eminente e ferozmente masculino da literatura inglesa. Muller de profundas inquedanzas intelectuais, soubo plasmar a tremenda fragmentación do seu tempo, que tamén sufriu, entregándose a unha vida completa da que a literatura formou parte inseparable.
Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.