Winesburg, Ohio, de Sherwood Anderson

17,00 

Na pequena vila de Winesburg, rodeada de granxas e cultivos, as vidas dos veciños entretécense nunha trama mesta. Granxeiros fanáticos, médicos existencialistas, mulleres liberadas e tamén oprimidas… Todos eles son observados por George Willard, xove reporteiro do Winesburg Eagle, o xornal local, que intenta casar a profesión coas súas tendencias artísticas mentres se achega á maioría de idade. Composta por vinte e dous relatos interconectados que poden lerse como unha novela, a obra relata un momento en que o desenvolvemento industrial comeza a alterar a vida no Medio Oeste.

Sobre o autor

Nado en 1876, Sherwood Anderson pasou a maior parte da súa infancia na localidade de Clyde, en Ohio, que lle serviu de modelo para Winesburg. Fillo dun talabarteiro, as dificultades económicas da familia levárono a abandonar os estudos aos catorce anos, aínda que sentiu fascinación pola literatura desde moi novo. Marchou de Clyde aos dezanove anos, ao morrer súa nai, e instalouse en Chicago, onde, tras pasar polo exército durante a guerra con España (1898), atopou éxito profesional como redactor publicitario.
Casou en 1904 con Cornelia Pratt, filla dun importante home de negocios, con quen tivo tres fillos. En 1912, Anderson sufriu unha crise nerviosa e desapareceu para aparecer catro días despois nun hospital. Convencido de que tiña que dedicar a súa vida á literatura, deixou atrás muller e fillos e uniuse ao círculo literario de Chicago.
Como autor, destacou sempre pola súa sinxeleza lírica, a destreza na caracterización dos seus personaxes e a mirada crítica sobre os efectos da industrialización. As súas obras máis destacadas son Winesburg, Ohio (1919), O triunfo do ovo (1921) e a súa autobiografía Tar (1926).
Baseada nas lembranzas da infancia do autor, Winesburg, Ohio fala da vida nunha pequena vila do Medio Oeste estadounidense a principios do século XX e segue a evolución de George Willard, xove reporteiro do Winesburg Eagle que personifica a esperanza temerosa no futuro que alberga a vila toda. A publicación da obra supuxo un sopro de aire fresco na narrativa estadounidense e inspirou a moitos escritores, desde F. S. Fitzgerald e John Steinbeck até John Cheever e Raymond Carver. Sherwood Anderson morreu en 1941 dunha peritonite durante un cruceiro por Centroamérica..


Primeiras páxinas de Winesburg, Ohio, de Sherwood AndersonPreme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-126247-9-3.
  • 272 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución de Carlos Valdés García.
  • Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carro da compra
Winesburg, Ohio, de Sherwood Anderson
17,00