Silas Marner, de George Eliot

13,00 


O tecelán Silas Marner vive refuxiado na aldea de Raveloe. Acusado dun roubo que non cometeu e repudiado por todos, dedícase a traballar no seu tear e a amorear cartos. Un día róubanlle o diñeiro e Marner cae no máis profundo desespero; mais a aparición dunha pícara loura á súa porta virá alterar aínda máis a súa existencia.

Silas Marner, unha das novelas máis relevantes da época vitoriana, é un relato de superación da inxustiza e da importante necesidade de vinculación coa propia comunidade no que se retrata o convulso mundo rural da Inglaterra das primeiras décadas do século XIX, coa implantación avanzada do capitalismo industrial e do fanatismo relixioso e sectario.

Sobre a autora


Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-945411-0-0.
  • 276 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, sen lapelas.
  • Tradución de Celia Recarey.
  • Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carriño da compra
Silas Marner, de George Eliot
13,00