Raparigas de uniforme, de Christa Winsloe

17,00 

Cando a súa muller morre inesperadamente, o tenente coronel Meinhardis decide enviar a Manuela, a súa filla menor, a un internado. Alí sometida á férrea disciplina da institución, Manuela atopa refuxio no cariño dunha das profesoras, da que se acaba namorando.

Raparigas de uniforme é o relato dun primeiro amor prohibido, da descuberta da sexualidade dunha adolescente nun ambiente absolutamente hostil e opresor. Unha novela pioneira escrita nunha época convulsa.

Sobre a autora

Novelista, dramaturga e escultora, Christa Winsloe naceu en Darmstadt (Alemaña), en 1888. Aos doce anos foi enviada ao severo internado feminino Kaiserin Augusta Stift, en Potsdam, experiencia que sería o motor de parte importante da súa obra artística.

De natureza inqueda, en 1909 estudou escultura en Múnic contra os desexos da súa familia, que a consideraba unha actividade pouco feminina.

En 1913, casou co barón de orixe húngara Lajos Hatvany-Deutsch. O matrimonio foi breve, pero foi durante estes anos cando Winsloe comezou a escribir a priemira versión de Raparigas de uniforme –baixo o título Das Mädchen Manuela—, novela baseada nas duras vivencias no internado que se abstivo de publicar até despois de divorciarse. En 1930, Winsloe retoma esta historia e dálle forma de obra de teatro baixo título Gestern und heute («Onte e hoxe»). O éxito da versión teatral fai que deseguida se leve ao cine co que se converterá no título máis coñecido da obra, Mädchen in Uniform («Raparigas de uniforme»). O filme tamén acada un éxito notable, porén, e malia participar na escrita do guión, Christa non fica de todo satisfeita e en 1933 publica Das Mädchen Manuela, unha versión máis audaz do relato que en posteriores edicións e traducións (como na nosa) retomará o título do filme.

En 1944, trasládase a Cluny (Francia) coa súa nova parella, a actriz Simone Genet. Pouco despois, ambas son executadas sumariamente por consideralas espías nazis. Ironicamente, Winsloe e Genet dedicaban parte dos seus recursos a facilitarlles a saída de Alemaña a persoas en risco.


Primeiras páxinas de Raparigas de uniforme, de Christa WinsloePreme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-126247-7-9.
  • 288 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución de María Alonso Seisdedos.
  • Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carro da compra
Raparigas de uniforme, de Christa Winsloe
17,00