Pierre e Jean, de Guy de Maupassant

16,50 

Pierre e Jean, os fillos dos Roland, regresan á casa no período de calma entre a finalización dos seus estudos e o comezo das súas carreiras profesionais. Porén, esta paz crébase cando o máis novo, Jean, recibe de Maréchal, un vello amigo da familia, unha herdanza que cambiará a súa vida e poñerá en risco o equilibrio familiar…

Cumio creativo da novelística de Maupassant, Pierre e Jean revisita temas universais aínda vixentes, como a rivalidade entre irmáns, que, desde tempos inmemoriais, acaba as máis das veces co sacrificio do máis débil.

Sobre o autor

Henri René Albert Guy de Maupassant naceu en agosto de 1850 no castelo de Miromesnil, preto de Dieppe, en Normandía. Aos once anos, a vida de Guy cambia drasticamente cando Laure, súa nai, se separa legalmente do seu marido. A nai conserva a custodia dos fillos e, sen presenza ningunha de figura paterna, convértese na persoa máis influente na vida do neno, ao que introduce no estudo das linguas clásicas.

Tras graduarse, Guy alístase na guerra franco-prusiana. Rematado o conflito, trasládase a París para traballar de administrativo no Departamento de Mariña. A amizade crecente con Gustave Flaubert, amigo da familia, púxoo en contacto con autores da sona de Émile Zola ou os irmáns Goncourt, e comeza a orientarse cara á escrita. Esta época será para Maupassant un período emocionante e marcará o espertar do seu talento.

En 1880 publica a que se considera a súa primeira grande obra, «Bóla de sebo», un éxito inmediato. De 1880 a 1891, período crucial na súa carreira, Maupassant traballa metodicamente para publicar entre dous e catro volumes ao ano. Publicou seis novelas, entre as que destaca Pierre e Jean (1887), cumio da súa madurez como escritor na busca dunha «unha novela obxectiva» que se achegase ao realismo, mais con conciencia dos límites deste.

Nos seus últimos anos sufriu graves desequilibrios psíquicos a causa da sífilis. O 2 de xaneiro de 1892 tratou de suicidarse. Foi internado no manicomio privado de Esprit Blanche en Passy, París, onde finou o 6 de xullo de 1893, con tan só 42 anos.


Primeiras páxinas de Pierre e Jean…, de Guy de MaupassantPreme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 979-13-990947-0-1.
  • 192 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución do francés de Celia Recarey Rendo.
  • Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carro da compra
Pierre e Jean, de Guy de Maupassant
16,50