- ISBN: 978-84-126247-8-6.
- 352 páxs.; 128 x 198 mm.
- Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
- Tradución de Celia Recarey Rendo.
- Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
- Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Os caravanistas, Elizabeth von Arnim
17,50 €
Comeza o verán e o barón Von Ottringel e a súa esposa queren ir de viaxe para celebrar o seu aniversario de voda. Tras unha visita á viúva Von Eckthum, esta convénceos para unirse a ela e ás súas amizades nunhas saudables e económicas vacacións practicando o caravanismo pola campiña inglesa.
Cun estilo agudísimo, Elizabeth von Arnim ofrécenos un hilarante relato no que, ademais de humor, atopamos unha crítica ao sometemento da muller do seu tempo e unha incisiva sátira das relacións entre Alemaña eo Reino Unido previas á Gran Guerra.
Sobre a autora
Elizabeth von Arnim é o pseudónimo da australiana Mary Annette Beauchamp (1866-1941). Nacida en Sidney no seo dunha familia adiñeirada, cando tiña tres anos a familia trasladouse a Inglaterra, onde residiu en adiante, e onde a nosa autora estudou no Royal College of Music. Durante a súa vida frecuentou algúns dos membros máis salientables da intelectualidade anglófona da época, como E. M. Forster, Hugh Walpole, H. G. Wells, con quen mantivo unha relación sentimental, ou Bertrand Russell, de quen foi cuñada. En 1891, casou co conde alemán Henning August von Arnim-Schalgenthin, cuxo apelido conservaría tras enviuvar en 1910, e mesmo despois de casar co inglés Frank Russell. Este último matrimonio remataría nunha pronta separación que nunca chegou a divorcio. En 1898, inaugura a súa prolífica e exitosa carreira literaira coa publicación anónima de Elizabeth and Her German Garden. Publicada en 1909, cando Von Arnim conta xa cunha traxectoria consolidadada, Os caravanistas é a súa oitava novela e sen dúbida a máis humorística, unha pequena alfaia na que a autora acada un gran refinamento técnico.
Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.