O vento, de Dorothy Scarborough

18,50 

Tras quedar orfa e sen recursos aos dezaoito anos, Letty Mason ten que abandonar o seu cómodo fogar en Virxinia para se instalar no rancho do seu primo Beverly, o seu único parente, en Sweetwater (Texas). No tren de camiño á súa nova residencia, coñece a Wirt Roddy, un peculiar personaxe que lle desaconsella o lugar.

Letty trata de enfrontarse a este cambio con optimismo, pero a árida Texas non é acolledora con ela. Continuamente azoutada por un vento implacable e abafada por unha seca que parece non ter fin, Letty vive unha desigual loita coa natureza e co destino que a empurra ao abismo.

Sobre a autora

Dorothy Scarborough (1878-1935) naceu en Mount Carmel (Texas) e estudou nas universidades de Chicago e Oxford. En 1916, empezou a impartir clases na universidade de Columbia, en Nova York, on de se doutorou cunha teses sobre o sobrenatural na narrativa anglófona moderna, considerada aínda hoxe obra de referencia no seu campo.

En Nova York, Scarborouh deu clases de escrita creativa polas que pasaron autores como Eric Walrond e Carlson McCullers ao mesmo tempo que profundaba na súa faceta literaria, que comezara coa poesía en 1912 e continuara con relatos de pantasmas até sumar un total de catorce títulos. Os intereses de Scarborough abranguían tamén a cultura popular de Texas, o cultivo do algodón e as condicions de vida das mulleres no suroeste dos Estados Unidos.

O vento, publicado anonimamente en 1925, foi obxecto dunha enorme polémica no seu tempo pola súa crúa descrición da vida no oeste. Con todo é o título máis aclamado de toda a produción de Scarborough e mesmo foi adaptado ao cine en 1928 e ao ballet en 2017.

A autora faleceu en 1935, por complicacións derivadas da influenza.


Primeiras páxinas de O vento, de Dorothy ScarboroughPreme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-129042-6-0.
  • 344 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución do inglés de Celia Recarey Rendo.
  • Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carro da compra
O vento, de Dorothy Scarborough
18,50