O Grande Hotel Babylon, de Arnold Bennett

14,00 


Todo transcorre con elegante normalidade no Grande Hotel Babylon —o mellor establecemento da súa categoría en Londres— até que Theodore Racksole, un potentado americano de visita na cidade, e mais a súa filla se empeñan en pedir un bisté e unha cervexa para cear. O que parece un capricho insgnificante desencadeará unha serie de curiosas peripecias nas que case nada é o que parece.

Sobre o autor

Nado en 1867 no condado inglés de Staffordshire, Arnold Bennett inicia a súa carreira literaria con pequenas colaboracións esporádicas en revistas mentres traballaba no despacho de avogados de seu pai. En 1889 trasládase a Londres, onde, en 1894 comeza a traballar de axudante de edición na revista Woman. Dous anos despois publica a súa primeira novela, coa que obtén un éxito moderado. En 1902 publica O Grande Hotel Babylon, que rapidamente se converte nun éxito de vendas e é traducida a varios idiomas.

Firme defensor da «democratización da cultura», Bennett foi un escritor prolífico —asinou máis de trinta novelas, relatos, guións e obras de teatro, ademais de ensaios, varios volumes de diarios e numerosos artigos xornalísticos— e popular no seu tempo, aínda que deostado por moitos dos seus contemporáneos, entre eles Virginia Woolf e o círculo de Bloomsbury.
Morreu en Londres en 1931.


Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-121470-7-0.
  • 312 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución de Carlos Valdés García e Celia Recarey Rendo.
  • Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carriño da compra
O Grande Hotel Babylon, de Arnold Bennett
14,00