- ISBN: 978-84-942570-7-0.
- 562 páxs.; 128 x 198 mm.
- Encadernación rústica, sen lapelas.
- Tradución de Celia Recarey.
- Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
- Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
O Gozo das Damas, de Émile Zola
18,50 €
Prepublicada por capítulos en 1882 no xornal Gil Blas, O Gozo das Damas narra a historia de Denise, unha moza orfa que chega a París cos seus dous irmáns procurando o posto de traballo que o seu tío Baudu lle ofrecera ao morrer seu pai. Porén, cando Denise chega, o negocio de Baudu atópase xa en franco declive por mor da durísima competencia que supoñen, para el e para todos os pequenos comerciantes do barrio, os modernos grandes almacéns fundados por Octave Mouret. Será neles, e non na tenda familiar, onde Denise comece a gañar a vida en París e desde onde verá as profundas mudanzas que provocarán en toda a cidade.
Sobre o autor
Émile Zola (París, 1840 – 1902) é deses poucos autores na historia da literatura dos que se pode dicir que creou todo un movemento. Mais antes de converterse nun dos autores máis coñecidos, publicados e traducidos da literatura francesa, o pai do naturalismo foi primeiro un estudante de bacharelato fracasado e libreiro e xornalista despois. En 1868 concibe o proxecto Rougon-Macquart, unha colosal obra en vinte volumes coa que pretende retratar como nun fresco a sociedade francesa na súa totalidade, a través dunha saga familiar. É nesta gran obra coral na que se encadra O Gozo das Damas, undécimo volume da serie.
Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.
Esgotado