O cuarto de Giovanni, de James Baldwin

15,50 

Mentres agarda a que Hella, a súa moza, volva de España cunha resposta á súa proposición de casamento, David, un mozo estadounidense, inicia case sen querelo un intenso idilio con Giovanni, un camareiro italiano que coñece unha noite de xolda en París. Pero Hella regresa e David, vencido pola vergoña e o medo, abandona a Giovanni con tráxicas consecuencias.

Sobre o autor

James Baldwin naceu o 2 de agosto de 1924 no barrio neoiorquino de Harlem. Fillo de solteira, aos tres anos foi adoptado polo marido de súa nai, un estrito predicador baptista con quen sempre mantivo unha relación difícil. O matrimonio tivo outros oito fillos, polo que Baldwin se viu obrigado a compaxinar os estudos con diversos traballos desde moi novo.

En 1948, trasladouse a París coa esperanza de deixar atrás a discriminación que padecía nos Estados Unidos tanto pola súa raza como pola súa homosexualidade. Malia que nunca volveu residir de xeito continuado no seu país, converteuse nunha das figuras máis destacadas da narrativa estadounidense do século XX e nun autor de referencia na loita polos dereitos civís dos afroamericanos grazas a unha obra literaria que aborda con grande elocuencia a desigualdade racial, a liberdade sexual, a loita de clases e a identidade en títulos como Go Tell It on the Mountain (1953), Another Country (1963) ou O cuarto de Giovanni (1956).

Faleceu o 1 de decembro de 1987 en Saint Paul de Vence (Francia) a causa dun cancro de estómago.


Primeiras páxinas de O cuarto de Giovanni, de James BaldwinPreme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-129042-2-2.
  • 224 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución de Celia Recarey Rendo.
  • Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carro da compra
O cuarto de Giovanni, de James BaldwinO cuarto de Giovanni, de James Baldwin
15,50