O conto da criada, de Margaret Atwood

19,50 


Tras un golpe de Estado, os Estados Unidos de América convértense na República de Galaad, un réxime teocrático cristián no que as mulleres fértiles que os seus mandatarios consideran indignas de exercer como nais son condenadas a servir como «criadas». Pero os servizos que deben prestar non son domésticos, senón reprodutivos: a súa función é enxendrar os fillos das mulleres estériles das elites do réxime.

Sobre a autora

Nada en Ottawa en 1939, Margaret Atwood iniciou a súa carreira literaria como poeta na década de 1960. En 1969 publicou a súa primeira novela, The Edible Woman, unha sátira sobre o consumismo. Durante as décadas seguintes, seguiu publicando tanto narrativa como poesía e ensaio, cun especial interese por temas como o feminismo, as relacións de poder e a natureza.
Cun prestixio xa afianzado, a publicación de O conto da criada en 1985 supuxo a consagración definitiva de Atwood. Con esta novela gañou ese mesmo ano o Premio Arthur C. Clarke no Reino Unido e mais o Premio do Gobernador Xeral ao Mérito Literario en Canadá, e foi finalista do Booker ao ano seguinte, entre outros galardóns.


Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-121470-4-9.
  • 432 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución de Celia Recarey.
  • Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carriño da compra
O conto da criada, de Margaret Atwood
19,50