Nunha pensión alemá, de Katherine Mansfield

11,50 


Nunha pensión alemá é o primeiro libro de Katherine Mansfield. Publicado en 1911, o volume está composto por 13 relatos en gran medida inspirados pola estancia (obrigada por súa nai) da propia autora nunha pensión alemá para ocultar un embarazo extramarital. Nestas breves estampas cargadas de capacidade de observación, sutileza e ironía, Mansfield disecciona as relacións humanas nas que a narradora participa como protagonista ou como mera testemuña, poñendo especial atención nas fracturas comunicativas.

Sobre a autora

Bohemia, rebelde, moderna, bisexual… son algúns dos calificativos que se adoitan empregar para describir á que probablemente é a escritora máis célebre que deu Nova Zelandia. E é que, a pesar da súa morte prematura, Katherine Mansfield (1888-1923) foi quen de exercer unha influencia crucial na narrativa modernista anglófona cos seus relatos breves tecidos a partir da observación do cotián e a miúdo impregnados dun ácido sentido do humor.


Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-942570-4-9.
  • 144 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, sen lapelas.
  • Tradución de Carlos Valdés e Celia Recarey.
  • Deseño de cuberta: Irmás Cartoné.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carriño da compra
Nunha pensión alemá, de Katherine Mansfield
11,50