Noites brancas, de Fiódor Dostoievski

9,50 

Unha longa noite de verán, un mozo soñador e solitario vaga polas rúas de San Petersburgo para lle atopar algo de sosego á súa inquedanza. Cando bate cunha moza aflita, supera a súa timidez e achégase a ela. Será este o primeiro de varios encontros, durante os que o seu vínculo se irá volvendo máis profundo noite tras noite.

Sobre o autor

Nado en Moscova en 1821, Fiódor Mikhailovich Dostoievski é unha das figuras máis destacadas da literatura rusa e mundial. En 1849 foi encarcerado por motivos políticos e estivo preso en Siberia até 1854.

Noites brancas é unha das últimas obras que escribiu antes do seu paso pola cadea, experiencia que supuxo unha fonda transformación para o autor. Finou en 1881.


Primeiras páxinas de Noites brancas, de Fiódor DostoievskiPreme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 979-13-990947-2-5.
  • 104 páxs.; 120 x 160 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución de Rosana Murias e Maria Tolstaia.
  • Deseño de cuberta: Irmás Cartoné.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carro da compra
Noites brancas, de Fiódor Dostoievski
9,50