- ISBN: 978-84-945411-5-5.
- 216 páxs.; 128 x 198 mm.
- Encadernación rústica, cosida, sen lapelas.
- Tradución de Patricia Buxán Outeiro.
- Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
- Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Mocidade sen deus, de Ödön von Horváth
15,75 €
Un mestre de escola reprende a un alumno por un comentario racista nunha redacción só para recibir as ameazas do pai do rapaz e a reprobación do director do centro. Esta é a premisa da que parte a que foi a derradeira obra do escritor austríaco Ödön von Horváth —e que lle custaría o exilio—.
Escrita en 1937 e prohibida polo réxime nazi en 1938, Mocidade sen deus ofrécenos un relato, sutil e cru a un tempo, do imparable avance do pensamento totalitario no seu tempo, do paulatino embrutecemento dunha sociedade.
Sobre o autor
Ödön von Horváth (1901-1938) foi un novelista e dramaturgo de orixe austrohúngara. Comezou a escribir en 1920, mentres estudaba na universidade de Múnic, que abandonaría sen licenciarse para trasladarse a Berlín, onde consolidou a súa carreira literaria.
Detractor do movemento nazi desde os seus inicios, en 1933 trasládase a Viena. En 1938, tras a anexión de Austria e a prohibición das súas obras a raíz da publicación de Mocidade sen deus, exíliase en París. Apenas uns meses despois, morre dun golpe na cabeza ao caerlle enriba a póla dunha árbore nos Campos Elisios.
Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.