Mathilda, de Mary W. Shelley

14,50 


No seu leito de morte, Mathilda relátalle a Woodville, o seu único amigo, as vicisitudes da súa vida, marcada pola morte da súa nai e o abandono do pai na infancia, e pola tráxica paixón que o seu reencontro posterior provoca neste último.

De estilo e temas plenamente románticos, Mathilda é a segunda novela de Mary W. Shelley. Escrita entre 1819 e 1820, a obra permaneceu inédita até 1959, por considerala o pai da escritora, a quen esta lle confiou o manuscrito para a súa publicación, indecorosa e negarse a devolverlle o texto a Mary.
Sobre a autora

Mary Wollstonecraft Godwin nace en Londres en 1797, filla da tamén escritora e activista feminista Mary Wollstonecraft e do filósofo e escritor William Godwin. Mary nai falece poucas semanas despois, a consecuencia dunha infección puerperal. Mary filla é criada por seu pai e pola segunda muller deste, Mary Jane Clairmont.

En 1816, casa co poeta Percy Bysshe Shelley. Ese mesmo ano, ten lugar a célebre viaxe a Suíza en que Mary crea a súa obra máis célebre, Frankenstein ou o Prometeo moderno. En 1818, a parella trasládase a Italia. En 1823, tras a morte de Percy, Mary Shelley regresa a Inglaterra co seu fillo Percy Florence —único que sobreviviu até a idade adulta dos catro que tivo o matrimonio—, onde desenvolve toda unha carreira profesional como escritora e editora.

Mary Wollstonecraft Shelley falece en Londres o 1 de febreiro de 1851, aos 53 anos de idade.


Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-121470-6-3.
  • 144 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución de María Alonso Seisdedos.
  • Deseño de cuberta: Celia Recarey.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carriño da compra
Mathilda, de Mary W. Shelley
14,50