- ISBN: 978-84-121470-6-3.
- 144 páxs.; 128 x 198 mm.
- Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
- Tradución de María Alonso Seisdedos.
- Deseño de cuberta: Celia Recarey.
- Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Mathilda, de Mary W. Shelley
14,50 €
No seu leito de morte, Mathilda relátalle a Woodville, o seu único amigo, as vicisitudes da súa vida, marcada pola morte da súa nai e o abandono do pai na infancia, e pola tráxica paixón que o seu reencontro posterior provoca neste último.
Sobre a autora
Mary Wollstonecraft Godwin nace en Londres en 1797, filla da tamén escritora e activista feminista Mary Wollstonecraft e do filósofo e escritor William Godwin. Mary nai falece poucas semanas despois, a consecuencia dunha infección puerperal. Mary filla é criada por seu pai e pola segunda muller deste, Mary Jane Clairmont.
En 1816, casa co poeta Percy Bysshe Shelley. Ese mesmo ano, ten lugar a célebre viaxe a Suíza en que Mary crea a súa obra máis célebre, Frankenstein ou o Prometeo moderno. En 1818, a parella trasládase a Italia. En 1823, tras a morte de Percy, Mary Shelley regresa a Inglaterra co seu fillo Percy Florence —único que sobreviviu até a idade adulta dos catro que tivo o matrimonio—, onde desenvolve toda unha carreira profesional como escritora e editora.
Mary Wollstonecraft Shelley falece en Londres o 1 de febreiro de 1851, aos 53 anos de idade.