- ISBN: 978-84-948421-7-7.
- 504 páxs.; 128 x 198 mm.
- Encadernación rústica, cosida, sen lapelas.
- Tradución de Celia Recarey.
- Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
- Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Martin Eden, de Jack London
20,00 €
Martin Eden é un rexo mariñeiro de San Francisco a quen o amor por unha moza burguesa e a súa ambición o levan a poñer todo o seu empeño en converterse en escritor. Pasando fame e quitándolle horas ao sono, Eden logra, en apenas un par de anos, compensar as carencias formativas das súas orixes obreiras e converterse nun autor recoñecido.
A miúdo mal interpretada como un eloxio do individualismo, Martin Eden é a novela máis autobiográfica de London, e cóntase entre os clásicos de cabeceira de moitos dos grandes autores da literatura anglófona.
Sobre o autor
De nome real John Griffith Chaney, Jack London naceu en San Francisco en 1876. De clase traballadora e formación autodidacta, como o protagonista da novela que presentamos, London exerceu toda clase de oficios antes de triunfar como escritor: foi mariñeiro, buscador de ouro e operario nunha conserveira ao tempo que trataba de estudar e formarse para facer carreira na literatura. Os seus esforzos comezaron a dar froito a partir de 1902, coa publicación de varios relatos en revistas literarias. A progresión profesional e vital de London foi, a partir de entón, moi semellante á de Martin Eden, tanto no relativo ao seu meteórico ascenso como á súa decepción co éxito.
Como o seu protagonista, London faleceu prematuramente en 1916, con só corenta anos, no que algunhas fontes consideraron un suicidio.
Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.