Expiación e outros relatos, de Edith Wharton

14,50 

Unha escritora novel que atopa o éxito a través da polémica, unha doncela que se enfronta a estrañas circunstancias no seu novo emprego, un científico que escribe un best-seller a pesar de si mesmo e un marido que ten que adaptarse a convivir cos anteriores cónxuxes da súa esposa son os protagonistas destes catro relatos breves de Edith Wharton en que a grande escritora estadounidense aborda con agudeza e ironía diversos aspectos da sociedade do seu tempo.

Sobre a autora

Edith Wharton naceu en 1862, en Nova York, no seo dunha familia acomodada. A súa afección pola literatura espertou a unha idade temperá, e a súa insistencia levouna moi nova a publicar, anonimamente ou con pseudónimo, nas mellores revistas do seu tempo, como a Atlantic Monthly ou a Scribner’s Magazine. Porén a oposición familiar fixo que deixase de escribir e se dedicase por completo a cultivar o seu círculo social. Tras casar en 1885 con Edward Robbins, Teddy, Wharton, con quen compartía o gusto por viaxar, dedicouse a percorrer os Estados Unidos e Europa. Puido retomar ademais a escritura e probou diferentes xéneros. Se ben é moi coñecida polas súas novelas, entre as que destacan A idade da inocencia (1920) e The House of Mirth (1905), os seus relatos breves destacan pola finura técnica e a calidade das súas engrenaxes, así como pola súa capacidade de observación.

Despois do seu divorcio, en 1913, estableceuse en París, onde viviu até a súa morte, en 1937.


Primeiras páxinas de Expiación e outros relatos, de E. WhartonPreme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-126247-2-4.
  • 160 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución de Celia Recarey Rendo.
  • Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carro da compra
Expiación e outros relatos, de Edith Wharton
14,50