E agora que, homiño?, de Hans Fallada

21,50 


Johannes Pinneberg é un ninguén de ningures, un simple empregado de comercio que acaba de casar e trata de abrirse camiño nun mundo cuxa hostilidade vai medrando a un ritmo que o noso malpocado protagonista apenas é quen de seguir.

Escrita en 1932, xusto antes de que os nazis accedesen ao poder, E agora que, homiño? ofrécenos un vívido retrato da realidade social da Alemaña previa á guerra, e posúe a extraordinaria virtude de captar con precisión un momento moi particular da Historia e de como a viviron no seu momento as xentes de a pé.

Sobre o autor

Nado en 1893 no seo dunha familia de clase acomodada, Hans Fallada chamábase en realidade Rudolf Ditzen. En 1909, sofre un grave accidente de tráfico e apenas un ano despois contrae o tifo. A dor provocada por estes problemas de saúde e o conseguinte tratamento farmacolóxico derivan nunha adicción á morfina, á que se irán sumando outras substancias.

En 1920, publica a súa primeira novela, Der junge Goedeschal, iniciando así unha carreira literaria que cobrará notoriedade en 1931 coa publicación de Bauern, Bonzen und Bomben e alcanzará o éxito nacional e internacional con E agora que, homiño? No entanto, Fallada vive con ansiedade o ascenso de Hitler ao poder.

Capeando como pode o temporal hitleriano, Fallada logra vivir da escrita durante toda a súa vida, que remata prematuramente en 1947, aos 53 anos, debido a unha enfermidade coronaria derivada da súa longa adicción ao alcohol e os estupefacientes.


Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-948421-9-1.
  • 488 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución de Patricia Buxán Outeiro.
  • Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carriño da compra
E agora que, homiño?, de Hans Fallada
21,50