Carta ao pai, de Franz Kafka

9,50 

Cando o seu derradeiro intento de compromiso matrimonial fracasa debido á oposición paterna, Franz Kafka escríbelle unha carta a seu pai para tentar atopar algún punto de entendemento nunha relación chea de desencobntros. Porén, a misiva nunca chegará ao seu destinatario: a nai de Franz, a quen o autor lle pide que faga de emisaria, decide destruíla, convencida de que só serviría para abrir unha fenda máis profunda entre pai e fillo.

Sobre o autor

Franz Kafka (1883-1924) foi un escritor checo en lingua alemá. Nado no seo dunha familia acomodada, en 1906 doutorouse en leis e traballou de funcionario durante moitos anos. Aínda que gran parte da súa obra ficou inédita até despois da súa morte, Kafka converteuse nunha das voces máis senlleiras da literatura en alemán.


Primeiras páxinas de Carta ao pai, de Franz KafkaPreme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-129042-1-5.
  • 80 páxs.; 120 x 160 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución de David Ángel Álvarez Martínez.
  • Deseño de cuberta: Irmás Cartoné.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carro da compra
Carta ao pai, de Franz Kafka
9,50