Canción de solpor, de Lewis Grassic Gibbon

15,50 


Canción de solpor é un deses textos que teñen marcado xeracións na súa lingua orixinal e que as Irmás Cartoné estamos certas de que pode facelo tamén na nosa lingua. Escollida en 2005 como a mellor obra da literatura escocesa, esta espléndida novela publicada por Lewis Grassic Gibbon en 1932 ofrécenos un apaixonante canto de amor á terra e un cru relato dun mundo e dunha forma de vida que esmorecen. Centrándose en Chris Guthrie, unha moza que, ante a disxuntiva entre a dura vida labrega no rural escocés e o mundo atraente pero remoto dos libros e a educación,  escolle permanecer na súa comunidade, Grassic Gibbon mergulla o lector nun magnífico relato do convulso paso dunha era á seguinte. Pois, nun tempo en que a mecanización comeza a mudar o traballo do campo, a irrupción da Primeira Guerra Mundial sacode a vida de Chris e da súa comunidade mudándoo todo para sempre.

Sobre o autor


Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-948421-0-8.
  • 320 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, sen lapelas.
  • Tradución de Celia Recarey.
  • Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carriño da compra
Canción de solpor, de Lewis Grassic Gibbon
15,50