- ISBN: 978-84-121470-5-6.
- 264 páxs.; 128 x 198 mm.
- Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
- Tradución de Celia Recarey.
- Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
- Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Cabalo baio, xinete pálido, de Katherine Anne Porter
15,50 €
Cabalo baio, xinete pálido reúne tres novelas breves de argumento independente, mais percorridas por temas comúns: o peso do pasado, a ausencia de futuro e as súas traxedias.
Sobre a autora
Katherine Anne Porter nace en Indian Creek (Texas) en 1890, co nome de Callie Russell Porter. En 1892, ao morrer súa nai pouco despois de dar a luz outra filla, a familia trasládase á residencia da avoa paterna en Kyle (Texas). Con 16 anos, escapa e casa co primeiro dunha serie de maridos que algúns autores cifran en catro e outros elevan até a media ducia. En 1915, divórciase e adopta oficialmente o nome Katherine Anne Porter.
En 1918, está a piques de morrer de influenza —experiencia que inspira a novela curta que dá título a este volume—. Malia todo, é nesta época cando comeza a vivir da escrita. Publica artigos, recensións, reportaxes por encarga e relatos cos que vai gañando prestixio nos círculos literarios, mais nada propio en forma de libro até 1930. O seguinte libro, Cabalo baio, xinete pálido, terá que agardar outros nove anos. En 1966, gaña o Pulitzer e o National Book Award polo conxunto dos seus relatos. En 1977, publica o seu derradeiro libro.
Katherine Anne Porter falece en 1980, en Silver Spring (Maryland).
Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.