A virxe e o xitano, de D. H. Lawrence

13,00 


Finalizados os seus estudos no estranxeiro, as irmás Saywell, Yvette e Lucille, regresan ao fogar paterno, onde as agarda unha vida monótona e gris dominada pola presenza hostil da avoa e o rexeitamento familiar á figura de súa nai, que abandonou a seu pai anos antes. A única distracción das mozas son os paseos en coche coas súas amistades. O encontro cunha familia xitana durante unha desas excursións suporá un punto de inflexión para Yvette, en quen acordará un desexo até entón descoñecido para ela.

Publicada postumamente en 1930, A virxe e o xitano foi recibida inmediatamente como unha das obras mestras de Lawrence, capaz de ofrecernos nas súas breves páxinas o brillante relato dun espertar espiritual, intelectual e sexual.

Sobre o autor


Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-945411-8-6.
  • 136 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, sen lapelas.
  • Tradución de Lara Domínguez Araúxo.
  • Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carriño da compra
A virxe e o xitano, de D. H. Lawrence
13,00