- ISBN: 978-84-945411-8-6.
- 136 páxs.; 128 x 198 mm.
- Encadernación rústica, cosida, sen lapelas.
- Tradución de Lara Domínguez Araúxo.
- Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
- Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
A virxe e o xitano, de D. H. Lawrence
13,00 €
Finalizados os seus estudos no estranxeiro, as irmás Saywell, Yvette e Lucille, regresan ao fogar paterno, onde as agarda unha vida monótona e gris dominada pola presenza hostil da avoa e o rexeitamento familiar á figura de súa nai, que abandonou a seu pai anos antes. A única distracción das mozas son os paseos en coche coas súas amistades. O encontro cunha familia xitana durante unha desas excursións suporá un punto de inflexión para Yvette, en quen acordará un desexo até entón descoñecido para ela.
Publicada postumamente en 1930, A virxe e o xitano foi recibida inmediatamente como unha das obras mestras de Lawrence, capaz de ofrecernos nas súas breves páxinas o brillante relato dun espertar espiritual, intelectual e sexual.
Sobre o autor
Nado en 1885 na cidade mineira de Eastwood, Inglaterra, nunha familia obreira, David Herbert Lawrence pronto destacou como escritor. Novelista, dramaturgo, ensaísta e poeta, converteuse nun dos autores máis relevantes e polémicos do seu momento. En 1919, abandona definitivamente o Reino Unido e inicia o que chama a súa «peregrinación salvaxe», residindo temporalmente en diversos lugares do mundo. Falece en 1930, na localidade francesa de Vence, a consecuencia dunha tuberculose.
Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.