- ISBN: 978-84-948421-2-2.
- 224 páxs.; 128 x 198 mm.
- Encadernación rústica, cosida, sen lapelas.
- Tradución de Celia Recarey.
- Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
- Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
A señora Dalloway, de Virginia Woolf
14,50 €
Unha mañá de xuño, Clarissa Dalloway, unha señora de clase alta, sae mercar flores para a festa que vai dar esa noite na súa residencia de Londres. Ese mesmo día, noutro punto da cidade, Septimus Warren Smith, un veterano de guerra de clase traballadora, atópase no límite da loucura. As vidas de ambos corren paralelas até rozarse levemente durante a festa de Clarissa nunha narración na que seguimos a experiencia dos protagonistas desde o centro mesmo da súa conciencia.
Sobre a autora
Virginia Woolf (Londres, 1882- Sussex, 1941) renovou a narrativa abríndose camiño e afianzándose no mundo eminente e ferozmente masculino da literatura inglesa. Muller de profundas inquedanzas intelectuais, soubo plasmar a tremenda fragmentación do seu tempo, que tamén sufriu, entregándose a unha vida completa da que a literatura formou parte inseparable.
Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.