A obra mestra ignota, de Honoré de Balzac

9,50 

Nicolas Poussin, un xove pintor que acaba de chegar a París, traba relación con François Porbus, retratista oficial do rei Henrique IV, e mais co mestre Frenhofer, un veterano e recoñecido artista que leva anos traballando na súa grande obra mestra. Para axudarlle a rematala, Poussin ofrécelle a súa moza Gillette como modelo, coa condición de poder ver a obra xunto con Porbus. Mais cando por fin logran ver o cadro que Frenhofer mantivo tanto tempo en segredo, Poussin e Porbus fican estupefactos.

Fábula precursora da arte moderna para uns, conto sobre a obsesión para outros, A obra mestra ignota é un dos relatos máis célebres de Honoré de Balzac, un dos autores máis prolíficos e recoñecidos da literatura francesa. Unha magnífica historia para gozar lendo «dunha sentada».

Sobre o autor

Novelista, crítico literario e dramaturgo, Honoré de Balzac (1799-1850) é un dos máximos expoñentes da novela realista do século XIX e autor dunha obra monumental composta por ducias de novelas e relatos breves, moitos deles parte do ciclo A comedia humana, co que pretendía dar conta pormenorizada da sociedade do seu tempo.


Primeiras páxinas de A obra mestra ignota, de Honoré de BalzacPreme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-129042-3-9.
  • 64 páxs.; 120 x 160 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución de Beatriz Fariñas Garrote.
  • Deseño de cuberta: Irmás Cartoné.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carro da compra
A obra mestra ignota, de Honoré de Balzac
9,50