A filla do reitor, de F. M. Mayor

18,75 

 Aos seus trinta e moitos anos, Mary Jocelyn, a discreta e solícita filla do reitor de Dedmayne, leva unha vida rutineira consagrada ao coidado dos demais —a irmá doente, o pai ancián, a parroquia— coa que está aparentemente conforme. Mais a chegada á zona doutro clérigo, o reverendo Robert Herbert, remove nela décadas enteiras de emocións contidas.

Sobre a autora

Flora Macdonald Mayor naceu o 20 de outubro de 1872 no condado inglés de Surrey. Tras completar os seus estudos universitarios, fíxose actriz, profesión que abandonou en prol da literatura. En 1901, publicou un primeiro libro de relatos, Mrs. Hammond’s Children, baixo o pseudónimo Mary Stratford. En 1913, viu a luz a súa primeira novela, The Third Miss Symons, xa asinada como F. M. Mayor.

Publicada en 1924 por Hogarth Press, a editorial de Leonard e Virginia Woolf, A filla do reitor é a obra máis coñecida de Mayor, unha novela moi ben recibida pola crítica e o público no seu momento que caeu no esquecemento anos despois só para regresar de novo ao prelo converténdose desde entón nunha presenza constante no catálogo editorial anglosaxón. Flora Macdonald Mayor finou o 28 de xaneiro de 1932 en Londres.


Primeiras páxinas de A filla do reitor, de F. M. MayorPreme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 979-13-990947-3-2.
  • 360 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución do inglés de María Ramos Salgado.
  • Ilustración de cuberta: Carlos Valdés.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carro da compra
A filla do reitor, de F. M. Mayor
18,75