A campá de vidro, de Sylvia Plath

17,50 


Este é o verán soñado de Esther Greenwood, o verán en que os esforzos académicos desta brillante universitaria a levan a obter un posto en prácticas nunha revista feminina de Nova York. É a oportunidade perfecta para coñecer a gran cidade e relacionarse con xente interesante e influente. En teoría, é o mellor momento da súa vida. En teoría, está ás portas dun futuro prometedor. E porén, Esther non consegue sentir que é así. Esther non consegue sentir nada.

Sobre a autora

Sylvia Plath naceu o 27 de outubro de 1932 en Boston (Massachusetts). Orfa de pai desde os oito anos, foi unha estudante excelente que amosou interese pola poesía desde cativa.

Estudou en Smith College, unha universidade privada de Massachusetts, onde foi editora da Smith Review. No verán de 1953, obtivo unha bolsa como editora convidada da revista Mademoiselle en Nova York. Esta experiencia inspirou parte do argumento da que sería a súa única novela, A campá de vidro. Foi tamén durante esta etapa cando padeceu o primeiro dos episodios depresivos que sufriu durante toda a súa vida adulta.

En 1955 viaxou ao Reino Unido cunha bolsa Fullbright. Alí coñeceu o poeta Ted Hughes, con quen casou un ano despois.

En 1960 publicou The Colossus, o único poemario que deu ao prelo en vida. En 1961 rematou de escribir A campá de vidro e en 1962, roto o infeliz matrimonio con Hughes, escribiu a maioría dos poemas que conforman Ariel, obra que se publicou postumamente e a consagrou como poeta.

Ao comezo de 1963, publicou baixo pseudónimo A campá de vidro, apenas unhas semanas antes de suicidarse.


Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-126247-0-0.
  • 320 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución de Celia Recarey Rendo.
  • Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carriño da compra
A campá de vidro, de Sylvia Plath
17,50