A arañeira, de Joseph Roth

13,00 


Desmobilizado, como milleiros de soldados, ao rematar a Gran Guerra, Theodor Lohse atópase sen a brillante carreira militar coa que esperaba ocupar un lugar na vida. Porén, a convulsa República de Weimar logo lle ofrecerá outras vías para dar saída ás súas ambicións.

Sobre o autor

Joseph Roth (1894-1939) naceu en Brody, na Galicia oriental, no seo dunha familia xudía. O pai abandonou a nai antes de nacer Joseph, que se criou coa familia materna. Estudou Filosofía e Letras e serviu no exército austríaco durante a Primeira Guerra Mundial. Rematada esta, comezou a traballar de xornalista en Viena. En 1920 trasladouse a Berlín, onde continuou exercendo o xornalismo. Alí casou con Friederiche Reichler en 1922.

En 1923, cunha traxectoria xornalística xa consolidada, comezou a viaxar por Europa como correspondente do Frankfurter Zeitung. É nese mesmo ano cando se publica por entregas A arañeira, a súa primeira novela, que supón o inicio dunha carreira literaria que acadará o seu maior éxito en 1932, coa novela Radetzkymarsch.

Consciente do perigo que a súa orixe xudía e as súas ideas supoñen tras o ascenso de Hitler ao poder, Roth abandona definitivamente Alemaña para se instalar en París en 1934. Alcolizado, doente e arruinado, morre na capital francesa o 27 de maio de 1939.


Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.


 

  • ISBN: 978-84-121470-1-8.
  • 176 páxs.; 128 x 198 mm.
  • Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
  • Tradución de David A. Álvarez Martínez.
  • Deseño de cuberta: Carlos Valdés.
  • Deseño e maqueta: Irmás Cartoné.
Carriño da compra
A arañeira, de Joseph Roth
13,00