‹ Volver
Silas Marner
George Eliot
13 €
COMPRAR
FICHA
- ISBN: 978-84-945411-0-0.
- 276 páxs.
- 128 x 198 mm
- Encadernación rústica.
- Tradución de Celia Recarey.
- Ilustración de cuberta: Carlos Valdés.
- Deseño e maquetación: Irmás Cartoné.
SOBRE A AUTORA
Mary Ann Evans (1819-1880) destacou desde cativa como lectora voraz. Véndoa máis intelixente que casadeira, seu pai decidiu pagarlle unha educación, cousa pouco corrente na época. Aínda baixo o seu nome real, en 1851 comezou a colaborar en The Westminster Review como editora, traballo moi inusual daquela para unha muller. Anos despois, ao iniciar a súa carreira de novelista, decidiu adoptar o pseudónimo masculino George Eliot para que a crítica a tomase en serio. Talvez fose iso o que a levou a coñecer o éxito desde a súa primeira novela, Adam Bede (1859).
SOBRE O LIBRO
O tecelán Silas Marner vive refuxiado na aldea de Raveloe.
Acusado dun roubo que non cometeu e repudiado por todos, dedícase a traballar no seu tear e a amorear cartos. Un día róubanlle o diñeiro e Marner cae no máis profundo desespero; mais a aparición dunha pícara loura á súa porta virá alterar aínda máis a súa existencia.
Silas Marner, unha das novelas máis relevantes da época vitoriana, é un relato de superación da inxustiza e da importante necesidade de vinculación coa propia comunidade, no que se retrata o convulso mundo rural da Inglaterra das primeiras décadas do século XIX, coa implantación avanzada do capitalismo industrial e do fanatismo relixioso e sectario.
* Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.
SOBRE AS IRMÁS
Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.
Máis ›
FALA CON NÓS
info@irmascartone.com
Theme design by MuseLayers.