‹ Volver
Ruar
Virginia Woolf
10 €
ESTE PRODUTO ESTÁ ESGOTADO TEMPORALMENTE
FICHA
- ISBN: 978-84-942570-5-6
- 36 páxs. + mapa despregable
- 277 x 190 mm
- Encadernación rústica
- Tradución: Celia Recarey
- Ilustracións: Carlos Valdés
- Maquetación e deseño: Irmás Cartoné
SOBRE A AUTORA
Virginia Woolf (Londres, 1882- Sussex, 1941) renovou, na súa curta vida, a narrativa abríndose camiño e afianzándose no mundo eminente e ferozmente masculino da literatura inglesa. Muller de profundas inquedanzas intelectuais, soubo plasmar a tremenda fragmentación do seu tempo, que tamén sufriu, entregándose a unha vida completa da que a literatura formou parte inseparable.
SOBRE O LIBRO
Máis que un libro, este Ruar, unha aventura londinense é un xogo, un divertimento que as Irmás Cartoné queremos compartir coas nosas lectoras. A cousa vai así: Virginia pon as palabras, nós poñemos as liñas e vós dádeslle cor. Acompañade a Virginia neste vagaroso paseo por Londres á procura dun lapis e dádelle cor ás súas imaxes!
* Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.
SOBRE AS IRMÁS
Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.
Máis ›
FALA CON NÓS
info@irmascartone.com
Theme design by MuseLayers.