‹   Volver

Orlando

Virginia Woolf

12,5 €

COMPRAR

  • FICHA

    - ISBN: 978-84-942570-01

     

    - 252 páxs.

     

    - 128 x 198 mm

     

    - Encadernación rústica.

     

    - Tradución de Celia Recarey Rendo.

  • SOBRE A AUTORA

    Virginia Woolf (Londres, 1882- Sussex, 1941) renovou, na súa curta vida, a narrativa abríndose camiño e afianzándose no mundo eminente e ferozmente masculino da literatura inglesa. Muller de profundas inquedanzas intelectuais, soubo plasmar a tremenda fragmentación do seu tempo, que tamén sufriu, entregándose a unha vida completa da que a literatura formou parte inseparable.

  • SOBRE O LIBRO

    Publicada en 1928 por Hogarth Press, o selo editorial fundado por Virginia Woolf e o seu marido, Orlando é a un tempo novela, xogo e, como ben dixo o fillo da interesada, unha fermosa carta de amor a Vita Sackville-West, de quen Orlando é trasunto. Facendo viaxar á súa protagonista a través dos xéneros e as épocas, Woolf ofrécenos un repaso á historia do Reino Unido desde o período isabelino á Primeira Guerra Mundial, pasando por críticas diversas aos convencionalismos sociais máis arraigados, até chegar á imperecedeira declaración de amor que constitúe a súa cerna.

     

    * Preme nas gafas para ler as primeiras páxinas.

TAMÉN ESTAMOS AQUÍ

SOBRE AS IRMÁS

Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.

Máis ›

FALA CON NÓS

 

info@irmascartone.com

 Theme design by MuseLayers.