‹ Volver
O Gozo das Damas
Émile Zola
18,5 €
COMPRAR
FICHA
- ISBN: 978-84-942570-7-0
- 532 páxs.
- 128 x 198 mm
- Encadernación rústica.
- Tradución de Celia Recarey Rendo.
SOBRE O AUTOR
Émile Zola (París, 1840 - 1902) é deses poucos autores na historia da literatura dos que se pode dicir que creou todo un movemento. Mais antes de converterse nun dos autores máis coñecidos, publicados e traducidos da literatura francesa, o pai do naturalismo foi primeiro un estudante de bacharelato fracasado e libreiro e xornalista despois. En 1868 concibe o proxecto Rougon-Macquart, unha colosal obra en vinte volumes coa que pretende retratar como nun fresco a sociedade francesa na súa totalidade, a través dunha saga familiar. É nesta gran obra coral na que se encadra O Gozo das Damas, undécimo volume da serie.
SOBRE O LIBRO
Prepublicada por capítulos en 1882 no xornal Gil Blas, O Gozo das Damas narra a historia de Denise, unha moza orfa que chega a París cos seus dous irmáns procurando o posto de traballo que o seu tío Baudu lle ofrecera ao morrer seu pai. Porén, cando Denise chega, o negocio de Baudu atópase xa en franco declive por mor da durísima competencia que supoñen, para el e para todos os pequenos comerciantes do barrio, os modernos grandes almacéns fundados por Octave Mouret. Será neles, e non na tenda familiar, onde Denise comece a gañar a vida en París e desde onde verá as profundas mudanzas que provocarán en toda a cidade.
* Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.
SOBRE AS IRMÁS
Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.
Máis ›
FALA CON NÓS
info@irmascartone.com
Theme design by MuseLayers.