‹   Volver

O demo no corpo

Raymond Radiguet

13 €

COMPRAR

  • FICHA

    - ISBN: 978-84-945411-2-4

     

    - 172 páxs.

     

    - 128 x 198 mm

     

    - Encadernación rústica.

     

    - Tradución de Samuel Solleiro.

     

    - Ilustración de cuberta: Carlos Valdés.

     

    - Deseño e maquetación: Irmás Cartoné.

     

  • SOBRE O AUTOR

    Nado en  1903 e finado en 1923, Radiguet tivo porén tempo, na súa breve vida, de escribir dúas novelas que coñecerían o éxito literario e comercial: O demo no corpo (1923) e Le Bal du  comte d’Orgel (1924). Este mozo de precoz talento decide abandonar os estudos aos 15 anos para dedicarse ao xornalismo. Traba entón amizade con personaxes como Picasso, Juan Gris ou Modigliani, pero é a súa relación con Jean Cocteau a que máis influirá  na súa vida e, en certo modo, tamén na súa morte.

  • SOBRE O LIBRO

    En plena Primeira Guerra mundial, Marthe, de 18 anos e prometida cun soldado desprazado á fronte, mantén unha relación clandestina co narrador, un rapaz de 15 anos, novo de máis para ser chamado a filas.

    Publicada apenas cinco anos despois de rematada a guerra, O demo no corpo supuxo todo un escándalo na Francia da época, pois poñía en cuestión o respecto debido aos soldados e retrataba o período bélico como unha época dourada para os seus protagonistas. Porén, o ton cínico e o maxistral estilo empregados por Radiguet fixeron desta novela sobre a adolescencia, a traizón e o adulterio un éxito tanto entre a crítica como entre o público.

     

    * Preme nas gafas para ler as primeiras páxinas.

TAMÉN ESTAMOS AQUÍ

SOBRE AS IRMÁS

Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.

Máis ›

FALA CON NÓS

 

info@irmascartone.com

 Theme design by MuseLayers.