‹ Volver
O día da lagosta
Nathanael West
13 €
COMPRAR
FICHA
- ISBN: 978-84-942570-9-4.
- 244 páxs.
- 128 x 198 mm
- Encadernación rústica.
- Tradución de Carlos Valdés.
- Ilustración de cuberta: Carlos Valdés.
- Deseño e maquetación: Irmás Cartoné.
SOBRE O AUTOR
Nado nunha familia de emigrantes lituanos enriquecidos no negocio inmobiliario, Nathanael West (1903-1940) entrou na universidade de Brown grazas ao expediente académico dun seu curmán. Alí dedicouse a ler e licenciouse polos pelos. Despois pasou uns meses de flâneur en París, traballou na construción e tentou facerse
millonario fabricando lambetadas, até que atopou traballo de guionista en Hollywood. Morreu nun accidente
de automóbil xunto con súa muller en 1940.
SOBRE O LIBRO
Ante os ollos desencantados de Tod, un pintor chegado a California en busca de inspiración, desfilan personaxes
estrafalarios ansiosos por atopar o seu sitio no soño de ouropel hollywoodense: Faye, bela aspirante a actriz e bailarina, sempre a piques de rematar no prostíbulo; Harry, pai dela, artista de vodevil nas últimas; Homer Simpson, en recuperación tras sufrir un ataque de nervios... Todos eles baten coas forma de vida libertina e dispendiosa dos triunfadores, xerando unha atmosfera abafante tinguida de desesperación que só pode concluír en violencia.
O día da lagosta está considerada a mellor novela xamais escrita sobre a industria cinematográfica. Ambientada no Hollywood dos anos trinta, durante a Gran Depresión, a obra amosa a crúa realidade do soño americano.
* Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.
SOBRE AS IRMÁS
Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.
Máis ›
FALA CON NÓS
info@irmascartone.com
Theme design by MuseLayers.