‹   Volver

O conto da criada

Margaret Atwood

19,5 €

COMPRAR

  • FICHA

    - ISBN: 978-84-948421-3-9

     

    - 432 páxs.

     

    - 128 x 198 mm.

     

    - Encadernación rústica, cosida.

     

    - Tradución de Celia Recarey e Carlos Valdés.

     

    - Ilustracións de cuberta e interiores: Carlos Valdés.

     

    - Deseño e maquetación: Irmás Cartoné.

     

  • SOBRE A AUTORA

    Nada en Ottawa en 1939, Margaret Atwood iniciou a súa carreira literaria como poeta na década de 1960. En 1969 publicou a súa primeira novela, The Edible Woman, unha sátira sobre o consumismo. Durante as décadas seguintes seguiu publicando tanto narrativa como poesía e ensaio, cun especial interese por temas como o feminismo, as relacións de poder e a natureza.

     

    Cun prestixio xa afianzado, a publicación de O conto da criada en  1985 supuxo, no entanto, a consagración definitiva de Atwood. Con esta novela gañou ese mesmo ano o Premio Arthur C. Clarke no Reino Unido e mais o Premio do Gobernador Xeral ao Mérito Literario en Canadá e foi finalista do Booker ao ano seguinte, entre outros galardóns.

  • SOBRE O LIBRO

    Tras un golpe de Estado, os Estados Unidos de América convértense na República de Galaad, un réxime teocrático cristián no que as mulleres fértiles que os seus mandatarios consideran indignas de exercer como nais son condenadas a servir como «criadas». Pero os servizos que deben prestar non son domésticos, senón reprodutivos: a súa función é enxendrar os fillos das mulleres estériles das elites do réxime.

     

     

    * Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.

TAMÉN ESTAMOS AQUÍ

SOBRE AS IRMÁS

Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.

Máis ›

FALA CON NÓS

 

info@irmascartone.com

 Theme design by MuseLayers.