‹   Volver

Mocidade sen deus

Ödön von Horváth

15,75 €

COMPRAR

  • FICHA

    - ISBN: 978-84-945411-5-5

     

    - 216 páxs.

     

    - 128 x 198 mm

     

    - Encadernación rústica, cosida.

     

    - Tradución de Patricia Buján Otero.

     

    - Ilustración de cuberta: Carlos Valdés.

     

    - Deseño e maquetación: Irmás Cartoné.

     

  • SOBRE O AUTOR

    Ödön von Horváth (1901-1938) foi un novelista e dramaturgo de orixe austrohúngara. Comezou a escribir en 1920, mentres estudaba na universidade de Múnic, que abandonaría sen licenciarse para trasladarse a Berlín, onde

    consolidou a súa carreira literaria.

     

    Detractor do movemento nazi desde os seus inicios, en 1933 trasládase a Viena. En 1938, tras a anexión de Austria e a prohibición das súas obras a raíz da publicación de Mocidade sen deus, exíliase en París. Apenas uns meses despois, morre dun golpe na cabeza ao caerlle enriba a póla dunha árbore nos Campos Elisios.

     

  • SOBRE O LIBRO

    Un mestre de escola reprende a un alumno por un comentario racista nunha redacción só para recibir as ameazas do pai do rapaz e a reprobación do director do centro. Esta é a premisa da que parte a que foi a derradeira obra do escritor austríaco Ödön von Horváth —e que lle custaría o exilio—.

     

    Escrita en 1937 e prohibida polo réxime nazi en 1938, Mocidade sen deus ofrécenos un relato, sutil e cru a un tempo, do imparable avance do pensamento totalitario no seu tempo, do paulatino embrutecemento dunha sociedade.

     

    * Preme nas gafas para ler as primeiras páxinas.

TAMÉN ESTAMOS AQUÍ

SOBRE AS IRMÁS

Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.

Máis ›

FALA CON NÓS

 

info@irmascartone.com

 Theme design by MuseLayers.