‹   Volver

Hadrián VII

Fr. Rolfe, alias Barón Corvo

16,5 €

COMPRAR

  • FICHA

    - ISBN: 978-84-942570-1-8

     

    - 424 páxs.

     

    - 128 x 198 mm

     

    - Encadernación rústica

     

    - Tradución de Celia Recarey Rendo

     

    - Ilustración de cuberta de Anatoli Carrasco

  • SOBRE O AUTOR

    Profesor, escritor, fotógrafo e crego frustrado, Frederick Rolfe (1860-1913) levou unha vida que en moitos puntos recorda ao "altruísta misántropo" que protagoniza a súa obra máis coñecida. Ao igual que George Arthur Rose, este excéntrico fillo dun fabricante de pianos tamén sentiu unha apaixonada vocación polo sacerdocio, aínda que, a diferenza do personaxe de ficción, o Barón Corvo nunca logrou ser ordenado, circunstancia na que é posible que influíse a maneira, bastante aberta para a época, en que viviu a súa homosexualidade.

    Problemático e temperamental, Rolfe tivo que conformarse con vivir da escritura apoiado por unha sucesión de mecenas cos que case sempre acababa rompendo en malos termos.

  • SOBRE O LIBRO

    Tras moitos anos de amargura, soidade e frustración, George Arthur Rose, un aspirante a sacerdote a quen lle foron negados os hábitos e sobrevive como escritor nun escuro cuarto de Londres, recibe a inesperada visita dun bispo e un cardeal que lle propoñen reparar a inxustiza cometida contra el ordenándoo de inmediato. A pesar da súa desconfianza inicial, George acepta e, case sen decatarse,  aos poucos días acaba convertido en Papa.

     

    * Preme nas gafas para ler as primeiras páxinas.

TAMÉN ESTAMOS AQUÍ

SOBRE AS IRMÁS

Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.

Máis ›

FALA CON NÓS

 

info@irmascartone.com

 Theme design by MuseLayers.