‹   Volver

Ethan Frome

Edith Wharton

11,5 €

COMPRAR

  • FICHA

    - ISBN: 978-84-942570-8-7

     

    - 140 páxs.

     

    - 128 x 198 mm

     

    - Encadernación rústica.

     

    - Tradución de Celia Recarey Rendo.

  • SOBRE A AUTORA

    Edith Wharton naceu en 1862 en Nova York no seo dunha familia rica e distinguida. Despois de casar en 1885, dedicouse a escribir e a viaxar polos Estados Unidos

    e por Europa até o seu divorcio, en 1913. Estableceuse entón en París até a súa morte en 1937, non sen antes pasear por Compostela en 1925. As súas obras máis coñecidas son A idade da inocencia (1920), pola que

    obtivo o premio Pulitzer, e The House of Mirth (1905).

  • SOBRE O LIBRO

    Ethan Frome é un granxeiro pobre de Nova Inglaterra cuxas improdutivas terras só dan o xusto para sobrevivir.

    Zeena, a súa muller, está enferma e non se conforma coa mísera existencia de ambos. Será a chegada de Mattie, prima de Zeena, o que espertará en Ethan novos sentimentos e cobizas, e precipitará tráxicos acontecementos que cambiarán a súa vida para sempre.

     

    Publicada por vez primeira en 1911, esta historia de emocións desesperadas e prohibidas tensións sexuais é considerada unha das obras máis elegantes e intensas da narrativa breve norteamericana do século XIX, e a mellor das novelas curtas da autora. É, ademais, a única das obras de Wharton cuxos protagonistas non pertencen ás clases acomodadas.

     

    * Preme nas gafas para ler as primeiras páxinas.

TAMÉN ESTAMOS AQUÍ

SOBRE AS IRMÁS

Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.

Máis ›

FALA CON NÓS

 

info@irmascartone.com

 Theme design by MuseLayers.