‹ Volver
David Golder
Irène Némirovsky
14,5 €
COMPRAR
FICHA
- ISBN: 978-84-948421-5-3
- 232 páxs.
- 128 x 198 mm.
- Encadernación rústica, cosida.
- Tradución de Celia Recarey.
- Ilustración de cuberta: Carlos Valdés.
- Deseño e maquetación: Irmás Cartoné.
SOBRE A AUTORA
Nada en Kiev en 1903, Irène Némirovsky procedía dun medio social moi semellante ao que retrata nesta súa primeira novela: o seu pai era un rico banqueiro xudeu e a súa nai parecía máis interesada na súa vida social que na familiar. Educada por unha institutriz francesa, Irène recibiu unha formación eminentemente francófona, que completou na Sorbona logo de que a familia se exiliase a Francia fuxindo da revolución rusa.
A publicación de David Golder, en 1929, supuxo o lanzamento dunha carreira literaria brillante que se viu prematuramente interrompida pola ocupación nazi. Tras serlle negada a nacionalidade francesa en 1938 debido ás súas orixes xudías, Irène, xunto co seu marido e fillas, converteuse ao catolicismo en 1939. Porén, nin esta conversión nin a súa relevancia literaria serviron para evitar que fose arrestada en xullo de 1942 e deportada a Auschwitz, onde faleceu o 17 de agosto dese mesmo ano. Tras décadas de silencio arredor da súa obra e da súa persoa, en 2004 a publicación de Suite française, novela inédita rescatada pola súa filla, devolveu a Némirovsky á primeira liña da escena literaria francófona.
SOBRE O LIBRO
Epítome do home feito a si mesmo, David Golder descobre, tras o fracaso dun negocio e unha crise cardíaca, que, conforme mingua a súa fortuna, mingua tamén o amor que lle ten a súa familia. Arruinado, enfermo e só, trata de recuperar parte dese amor cunha derradeira operación financeira.
David Golder, primeira novela de Irène Némirovsky , obtivo un éxito inmediato tanto entre a crítica como entre o público, convertendo a súa autora en toda unha celebridade literaria no seu momento.
* Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.
SOBRE AS IRMÁS
Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.
Máis ›
FALA CON NÓS
info@irmascartone.com
Theme design by MuseLayers.