‹   Volver

Axenda 2018 Mapa das estrelas, planetas e demais corpos celestes que nos han guiar no ano 2018

17,5 €

  • FICHA

    - ISBN: 978-84-945411-6-2.

     

    - 248 páxs.

     

    - 128 x 198 mm con lapelas.

     

    - Encadernación rústica cosida.

     

    - Impresión offset.

     

    - Deseño e maquetación: Irmás Cartoné.

     

    - Ilustracións interiores: Carlos Valdés.

     

     

     

     

  • POR UN 2018 ESTELAR

    Un ano máis, as Irmás Cartoné queremos acompañarvos no voso día a día, iluminando cun chisquiño de literatura os vosos labores cotiáns e, desta volta, dun xeito estelar. E é que nesta ocasión decidimos abordar o ano desde o alto, achegándonos aos astros.

     

    E para que non fose só o contido o que brillase, senón tamén o continente, introducimos varias melloras que,sen dúbida, farán que esta axenda sexa realmente estelar: por un lado a impresión offset, que fai que as máis de cincuenta ilustracións que acompañan os textos gañen en calidade e profundidade e, por outro, a encadernación cosida, que mellora notablemente o uso da axenda, permitindo que se abra con maior facilidade e resista mellor o paso do tempo.

     

    * Preme nas gafas para ver as primeiras páxinas.

COMPRAR

TAMÉN ESTAMOS AQUÍ

SOBRE AS IRMÁS

Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.

Máis ›

FALA CON NÓS

 

info@irmascartone.com

 Theme design by MuseLayers.