‹   Volver

Agnes Grey

Anne Brontë

15,50 €

COMPRAR

  • FICHA

    - ISBN:  978-84-948421-8-4

     

    - 256 páxs.

     

    - 128 x 198 mm.

     

    - Encadernación rústica, cosida, con lapelas.

     

    - Tradución de Celia Recarey.

     

    - Deseño de cuberta: Carlos Valdés.

     

    - Deseño e maquetación: Irmás Cartoné.

     

  • SOBRE A AUTORA

    Nacida en 1820 e criada na vila de Haworth, en Yorkshire, Anne Brontë educouse na casa. Porén, a súa protexida crianza non impediu que a traxedia tocara numerosas veces a súa vida, pois a súa nai e as súas dúas irmás máis vellas morreron moi novas.

     

    Despois de asistir a un internado durante dous anos, abandonou Haworth aos dezanove para traballar de institutriz, primeiro coa familia Ingham, en Blake Hall, e, de 1840 a 1845, coa familia Robinson, de Thorp Green. Inspirouse especialmente na súa experiencia como institutriz para escribir Agnes Grey, a súa primeira novela, que publicou co pseudónimo de Acton Bell en 1847, nun volume único xunto con Wuthering Heights, de súa irmá Emily. Moitos aspectos da vida de Anne atoparon espazo en Agnes Grey. Como a súa heroína, Anne tamén tamén foi filla dun clérigo, escribiu poesía e tamén se namorou doutro clérigo, William Weightman, que se converteu en coadxutor na parroquia do seu pai en 1839, e quizais serviu de modelo para o Edmund Weston de Agnes Grey.

     

    Anne Brontë morreu en 1849, á idade de vinte e nove anos. Eclipsada durante anos polas súas irmás, máis coñecidas e lidas, nos últimos tempos está comezando a recibir atención crítica e a gañar o respecto e a atención que o seu talento ben merece.

  • SOBRE O LIBRO

    Cando a familia Grey perde a súa escasa fortuna, Agnes, a filla menor, decide poñerse a traballar de institutriz para contribuír ao benestar familiar e, de paso, coñecer mundo. Pero a vida laboral entre as clases nobres británicas será un pouco máis complicada do que a inxenua Agnes anticipaba.

     

     

    * Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.

TAMÉN ESTAMOS AQUÍ

SOBRE AS IRMÁS

Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.

Máis ›

FALA CON NÓS

 

info@irmascartone.com

 Theme design by MuseLayers.