‹ Volver
A virxe e o xitano
D. H. Lawrence
13 €
COMPRAR
FICHA
- ISBN: 978-84-945411-8-6.
- 136 páxs.
- 128 x 198 mm
- Encadernación rústica, cosida.
- Tradución de Lara Domínguez Araúxo.
- Ilustración de cuberta: Carlos Valdés.
- Deseño e maquetación: Irmás Cartoné.
SOBRE O AUTOR
Nado en 1885 na cidade mineira de Eastwood, Inglaterra, nunha familia obreira, David Herbert Lawrence pronto destacou como escritor. Novelista, dramaturgo, ensaísta, poeta, converteuse nun dos autores máis relevantes e polémicos do seu momento.
En 1919, abandona definitivamente o Reino Unido e inicia o que chama a súa «peregrinación salvaxe», residindo temporalmente en diversos lugares do mundo. Falece en 1930, na localidade francesa de Vence, a consecuencia dunha tuberculose.
A súa obra amosa un fondo interese polas relacións humanas en calquera das súas formas, así como polos espazos íntimos dos seus personaxes, os seus desexos, paixóns e o exercicio da liberdade individual fronte ás restriccións sociais. Perseguido pola censura e por certos sectores da crítica en vida e postumamente, un tardío recoñecemento á súa calidade literaria procuroulle unha posición indiscutible entre os grandes nomes da literatura universal.
SOBRE O LIBRO
Finalizados os seus estudos no estranxeiro, as irmás Saywell, Yvette e Lucille, regresan ao fogar paterno, onde as agarda unha vida monótona e gris dominada pola presenza hostil da avoa e o rexeitamento familiar á figura de súa nai, que abandonou a seu pai anos antes.
A única distracción das mozas son os paseos en coche coas súas amistades. O encontro cunha familia xitana durante unha desas excursións suporá un punto de inflexión para Yvette, en quen acordará un desexo até entón descoñecido para ela.
Publicada postumamente en 1930, A virxe e o xitano foi recibida inmediatamente como unha das obras mestras de Lawrence, capaz de ofrecernos nas súas breves páxinas o brillante relato dun espertar espiritual, intelectual e sexual.
* Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.
SOBRE AS IRMÁS
Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.
Máis ›
FALA CON NÓS
info@irmascartone.com
Theme design by MuseLayers.